VERÁN

CAMPAMENTO DE XIMNASIA RÍTMICA

CAMPAMENTO 2024

Este verán, únete ao noso campamento de ximnasia rítmica. Durante a última semana de xuño e as tres primeiras de xullo tes a oportunidade de mellorar como ximnasta mentres te divirtes e fas novos amigos. No noso campamento, complementamos o adestramento da técnica corporal de ximnasia e danza con talleres, xogos, gimkamas, dramatización e moito máis.

QUEN PODE APUNTARSE?

Nenos e nenas a partir dos 5 anos.

Poden apuntarse ao campamento tanto para nivel iniciación como nivel competición.

HORARIO

De luns a venres de 10:00h a 14:00h.

Plan Madruga de balde, atención a partir das 9:00h e ata as 14:15h (previo aviso).

PREZOS SOCIOS/ NON SOCIOS

1 semana: 65€/95€*
2 semanas: 120€/150€*
3 semanas: 180€/210€*
4 semanas: 240€/270€*

*O desconto por anotarse 2 ou máis semanas é aplicabel só na primeira inscrición. 20€ desconto para o primeiro ou segundo irmán.

SEMANAS

24-28 Xuño
1-5 Xullo
8-12 Xullo
15-19 Xullo

Cartel campamento de verano de gimnasia rítmica Santiago de Compostela

Apúntate aquí!

SOCIOS

Descarga a documentación para inscribirte e envíaa a info@clubviravoltasantiago.com

NON SOCIOS

Se non es socio do Club Viravolta, descarga aquí a documentación para inscribirte e envíaa a info@clubviravoltasantiago.com

CAMPAMENTO 2023

GALERIA DE IMAXES

Bota un ollo á galería de fotos do campamento que tivo lugar no verán de 2023.

fotografía campamento gimnasia ritmica

Tes algunha dúbida?

Protección de datos de carácter persoal

Protección de datos de carácter persoal

Protección de datos de carácter persoal (RGPD – Regulamento UE 2016/679 e LOPDGDD 3/2018).

Responsable dos datos: CLUB XIMNASIA RÍTMICA VIRAVOLTA

Finalidade dos datos: Non se cederán datos a terceiros. A finalidade é a de responder á túa solicitude ou consulta ou de enviarche información relacionada sobre novidades se dás o teu consentimento.

Dereitos: En calquera momento podes exercitar o teu dereito de limitar, recuperar e borrar os teus datos enviando un correo electrónico a info@clubviravoltasantiago.com.

Abrir chat
Hola ¿necesitas ayuda?
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?