Ouro no Campionato Nacional

Mar 22, 2021 | Eventos Ximnasia

CAMPIÓNS NACIONAIS CADETE MIXTO

Estamos de volta do Campionato Nacional! Orgullosos e contentos de poder participar neste campionato de conxuntos pendente do 2020. Volta en tren dende Valencia a Santiago de Compostela!

O primeiro equipo en competir foi o conxunto cadete mixto que se proclamou CAMPIÓN NACIONAL na súa primeira competición deste ámbito. Julia, Lucía, Alex, Xiana e Nuria son os grandes protagonistas.

O conxunto fai historia sendo o primeiro conxunto mixto en pisar un tapiz de competición nacional. Ademais foi o conxunto da categoría cadete galego coa nota máis alta nesta competición (un 13.350 de nota). Traballaron moito durante esta inestábel tempada e teñen a nota moi merecida, non podemos estar máis orgullosos de vós! Parabéns!

O conxunto alevín competiu o martes cunha forza e actitude admirábel, coa súa constancia e esforzo obtiveron un 9.400 de nota. O conxunto infantil competiu o mércores, foi a terceira vez que participaban nun campionato desta índole e a súa experiencia e traballo deixáronas como trixésimas primeiras na clasificación.

INCREÍBLE CHICAS! Todos esforzo ten a  súa recompensa. Só podemos dar as gracias pola disciplina que mostrades no día a día neste deporte e pola emoción que nos facedes vivir en cada campionato.

Agradecer como sempre a colaboración do noso patrocinador oficial Jael Joyería e o Concello de Santiago para que este campionato fora un éxito. Por suposto, a todos os pais e nais que se esforzan e se comprometen con este club e esta disciplina. GRAZAS!

Agora toca celebrar e gozar desta semana post-campionato que nos marcou con forza para seguir traballando con ilusión e motivación nas próximas tempadas.

Abrir chat
Hola ¿necesitas ayuda?
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?